Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

Contos populares

17:00 22/05/2008

Leo e releo unha morea de artigos sobre a situación do Partido Popular tanto na "rede de redes", como nos xornais tradicionais. Falo con dirixentes do PP, PSOE e incluso do BNG sobre esta teima, e chego a mesma conclusión: Alí vai a pasar algo, alí ten que pasar algo…

A intrahistoria da situación dos "populares" é aínda moito máis grave do que os medios de comunicación transmiten, ou nalgúns casos, queren transmitir. Unha auténtica guerra civil polo poder, na que as navalladas internas entre compañeiros prodúcense día sí e día tamén. A Rajoy estanlle aplicando a mesma medicina que el empregou con tantos e tantos compañeiros a nivel estatal ou a nivel galego, xa sexa por acción ou por omisión, pois Mariano sempre mostra un "perfil baixo", mentres os seus máis estreitos colaboradores fan a guerra suxa, con resultados á vista de todos. Un partido cun apoio popular de 10 millóns de votos roto pola falla de liderado dunha persoa que non soubo romper amarras no seu momento con aqueles que o elexiron a dedo, sabendo que ía ser un títere en mans dos "poderes escuros" que tanto dano fan aos populares. E así foi, controlado polo sector máis duro do partido Mariano deambulaba entre o que tiña que facer, o que lle gustaría facer e o que é capaz de facer. Agora tenta poñer o que considera a súa propia xente alonxada do gran felón Aznar. Demasiado tarde, o paso adiante dado co ascenso de alguén tan políticamente interesante como o valenciano González Pons, ou o propio Gallardón cuxa exclusión das listas xa advertimos nesta columna que foi un erro chega nun momento no que nas bambalinas dos conservadores só se fala mal do Pontevedrés, a quen consideran amortizado.

Se isto fose un conto de Dickens, e se lle presentase a Mariano-Scrooge a pantasma dos Nadais do pasado vería que precisamente estes comportamentos que agora teñen con el os medios de comunicación afíns, compañeiros cabreados e militancia defraudada, foron os que puxo en práctica xunto co seu compañeiro de conspiracións Romay Becaría, para que o proxecto chegase a ser o que é: un auténtico desastre.

Fraga rifándolle a Aguirre, promocionando a Gallardón, e dicindo que o mellor é o Alcalde de Madrid (a boas horas D. Manuel), o de Vilalba con toda seguridade estará aínda por alí no momento no que a Rajoy-Scrooge se lle presente a pantasma do futuro e vexa que a súa incapacidade o levou a Santa Pola, previo paso por outro fracaso cando intentou a aventura galega…

Complicado futuro para os populares, ou catarse ou oposición para moitos anos, ou Gallardóns, Pons, Feijoos, Costas, ou travesías do deserto.

Camiña Mariano polo que Dante describía como terceiro círculo do inferno na "Divina Comedia", lugar onde moran os soberbios e envexosos que o levaron ao reiterado fracaso no que políticamente malvive. Non se olvide estimado Rajoy de darlle unha forte aperta alí ao seu gran amigo de conspiracións Paco Villar, e teña coidado, pois como decía Morgan Freeman na sobresaínte película carceraria "Cadea Perpetua", a "Esperanza" pode volver tolo a un home…

¿ou non…?

4.48/5 (62 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións