Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá

12:20 ARTISTAS NOVOS PINTARÁN AS SÚAS OBRAS NAS PAREDES

Os barrios de Ferrol serán un inmenso mural

A iniciativa naceu para denunciar a situación de Canido, e agora o Concello apoiará a súa realización noutros lugares da cidade.


ENTRE O 18 E O 27 DE SETEMBRO

Pradolongo participará no Festival de Cine de Donosti

Participará na sección 'Made in Spain', dirixida á crítica internacional e aos compradores que acudan á oficina de vendas do certame.

FESTIVAL DE CINE ÁRABE 'AMAL', DO 25 AO 31 DE OUTUBRO

"A desinformación trae a confrontación"

O Amal 2008 achegará o mundo árabe a Compostela cos cinco sentidos, inclúe concertos e degustacións culinarias ademais de cinema.


do 23 ao 30 de agosto

Coruña ábrelle unha fiestra ás súas bandas locais

Unha semana de concertos para apoiar ás bandas locais na primeira edición do Festival Interurbano de música Crunia.

I XORNADAS DE ANIME 'MANGALEGO'

O máis novo do 'Manga', en primicia na Coruña

Até o xoves os afeccionados galegos a este xénero nacido en Xapón poderán ver filmes e series aínda non estreados no Estado Español.


PAN E LETRAS NA FEIRA LITERARIA DE BERGANTIÑOS

En Carballo os libros alimentan

Entre o xoves 21 e o domingo 24 pasarán pola vila presentacións de obras, concertos, contacontos e exposicións.

BOY ELLIOTT, GAÑADORES DO A POLO GHIT 2008

"En Laponia hai dous graos en outubro, pero en Ourense vai moito máis frío algúns días"

O grupo ferrolán, os antigos Blood Filloas, gañou finalmente o A Polo Ghit 2008, a canción do verán galego que soará no Liet Lavlut.