Onte mércores comezaron as converss entre os gobernos da Arxentina e Venezuela para analizar as fortalezas económicas de troco comercial que xerará a construción do Tren del Sur, que proxecta conectar a Buenos Aires e Venezuela cun camiño de ferro que partiría de Caracas a Buenos Aires segundo declaracións do ministro do Poder Popular para a Infraestrutura, Isidro Rondón.
O presidente venezuelano, Hugo Chávez Frías, participou no acto de entrega de títulos a 393 profesores especialistas en Desenvolvemento cultural. "O fascismo derrótase con cultura", foron as declaracións do presidente Chávez no acto realizado no Complejo Cultural Teresa Carreño. Chávez recordou ao poeta García Lorca no acto e dixo que en Venezuela "acabouse a cultura elitesca, restrinxida, que moitas veces non era cultura nin era nada. Hoxe hai en Venezuela unha enxurrada cultural".
Nunha comunicación enviada polo presidente de Goberno español ao director venezuelano José Antonio Abreu, José Luis Rodríguez Zapatero expresoulle o seu agradecemento polo efecto positivo e esperanzador que as Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela causaron durante as súas actuacións en Europa.
Unha doenza descoñecida matou polo menos a 38 membros da etnia warao (homes da auga na súa lingua) en vilas remotas de Venezuela do Delta Amacuro, segundo líderes indíxenas e algúns investigadores estadounidenses da Universidade de California Berkeley.
Cinco mil 553 millóns de barrís de petróleo incorporáronse ás reservas probadas de Venezuela, así o volume chega a 134 mil 866 millóns de barrís, cifra que por agora coloca a Venezuela no 3º lugar no mundo en número de reservas de petróleo.
Estímase rematar o Proyecto Socialista Orinoco Magna Reserva en 2009 coa incorporación de 179 mil 751 millóns de barrís de reservas probadas de petróleo adicionais, polo que Venezuela ratificará que dispón da maior reserva de petróleo no mundo con 314 mil 617 millóns de barrís certificados.
O embaixador de Italia en Venezuela, Luigi Marcotta, sostén que "en Venezuela si hai excelentes oportunidades para investir por ser un país rico, amigo e próximo ao corazón de Italia".
Este domingo 3 de agosto durante o programa Aló presidente número 316 desde a terceira ponte sobre o río Orinoco o presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez dixo que o conxunto de 26 leis recentemente aprobadas mediante a chamada Habilitante, foron pensadas e feitas para o beneficio do país e que a nova Lei da Forza Armada, que agora é Bolivariana, xa comezou a aplicarse.