Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Participa ti

O novo Vieiros: Entra na comunidade

Moitas das suxestións que deixastes pedían un formato máis participativo. Explicámosche como podes unirte a Vieiros.

Redacción - 07:00 08/03/2007
Tags: Vieiros
Once anos contando as cousas desde aquí

Once anos contando as cousas desde aquí

O primeiro é unirte á comunidade de Vieiros. Para iso simplemente tes que entrar na zona de rexistro, escoller o nome do teu Vieiros, un contrasinal de acceso e deixar un correo electrónico de contacto desde onde deberás confirmar despois a subscrición. En canto esteas rexistrado poderás participar en todas as áreas de Vieiros, tanto nas xa operativas como nas que se irán introducindo en pouco tempo.

O teu espazo de rexistro será progresivamente personalizábel. Aló poderás incluír o teu propio avatar e por exemplo facerlle saber ao resto de usuarios cal é a túa web ou blog, no caso de que teñas.

É esta a versión definitiva de Vieiros?
Non. Aínda estamos en "beta". Mentres navegues verás algúns erros e cousas sen rematar. Con todo, pensamos que esta era unha boa data para aproveitar o traballo xa feito e presentarvos unha versión aquelada do que quere ser o novo Vieiros.

No camiño que aínda queda, contamos coas vosas críticas e propostas. Podedes deixalas no foro.

As noticias
Todas as noticias de Vieiros inclúen a posibilidade de seren comentadas. Tamén poderás enviarlla a quen queiras polo correo electrónico ou subila a algún dos puntos de encontro na rede que che recomendamos, como é o caso de Chuza.

O chat
Abrimos un novo sistema de conversa moi sinxelo para toda a comunidade de Vieiros. Un lugar para conversas, lerias, parolas e parrafeos. Un espazo de uso libre para o debate, a reflexión ou o intercambio de información, onde coñecer a comunidade vieiresca, comentar a actualidade diaria, buscar cibermozo/moza ou enredar no tempo de lecer.

Ademais, mentres esteas no chat poderás seguir a actividade de Vieiros: últimas noticias, comentarios ou actividade nos canais

Foros
O novo sistema de foros de Vieiros abre debates que poderán ser tanto xerais como restrinxidos a ámbitos da actualidade moi concretos. Periodicamente Vieiros abrirá novos fíos para o debate da comunidade. Pero ti tamén podes propoñer a apertura de debates. Escríbenos a redaccion@vieiros.com e cóntanos das túas propostas.

Open Vieiros
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros podes facernos saber de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información. Ademais podes seguir aquí as novidades do blogomillo. Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades.

Onde van as edicións locais de Vieiros?
Nos últimos tempos, as edicións locais das principais cidades xa pasaran a estar xestionadas directamente por Vieiros. De agora en diante, todas elas formarán parte dunha soa canle: GZ-Sete. Aquí inclúense noticias non só do ámbito das sete principais galegas e da súas respectivas áreas metropolitanas.

Por que só algunhas comarcas teñen edición local de Vieiros?
"Cando ides ter un Vieiros Carballiño?" "Por que desapareceu o Vieiros Deza?" Son algunhas inquedanzas que chegaron ao correo en ocasións. Neste momento Vieiros non ten a posibilidade de manter edicións comarcais polo que seguen a funcionar simplemente as que contan con colaboradores.

Como podo colaborar con algunha edición local?
Só tes que facernos saber do teu interese por escribir sobre a actualidade da túa comarca. Déixanos un teléfono e un correo electrónico de contacto e poñerémonos en contacto contigo. Tanto se queres colaborar cunha xa existente como se estás interesado en crear unha nova.

O blogomillo entra de cheo en Vieiros
Nesta nova andaina unha das novidades máis visíbeis é o destaque do blogomillo. As bitácoras galegas terán maior presencia e máis destacada en Vieiros e mesmo as noticias do día recollerán os artigos relacionados coa análise dos blogueiros.

O blog de Vieiros
Para achegarmos aos lectores o centro desde onde se coce Vieiros, abrimos espazo no blogomillo. Será o "Blog da redacción". En pouco tempo, opinadores, redactores e colaboradores poderán ter tamén un blog de seu.

O teu blog
Os posts relacionados cunha nova irán á beira desta no espazo "Na rede". Ademais, as novidades do blogomillo poderán seguirse no "Open Vieiros".

Que blogs se inclúen nas noticias?
Vieiros recolle desde agora artigos de blogueiros que estean directamente relacionados coa actualidade informativa que se trate en cada noticia. Inicialmente e a axeito de proba, a redacción de Vieiros incluíu dúas ducias de bitácoras que son revisadas diariamente.

Sabemos do teu blog?
Remexemos diariamente no blogomillo, para coñecer o que están debatendo os bitacoreiros. A escolma inicial de blogs serviu para ir probando o sistema, pero p
osteriormente iranse engadindo outras. Tes xa unha bitácora? Queremos saber da túa pegada no blogomillo. Toda noticia de Vieiros poderá ser relacionada a calquera artigo dun blog. Se che gusta reflexionar sobre a actualidade e queres que a túa fiestra na rede sexa visíbel desde Vieiros, fainos saber do teu blog. Podes enviarnos un correo a redaccion@vieiros.com.


4.55/5 (31 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: