Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


19:30 21/08/2008 / ANTÓN PAZ E FERNANDO ECHÁVARRI OURO NA CLASE TORNADO DE VELA

“Sempre tivemos o control para poder conseguir esta medalla de ouro”

Os regatistas galegos conversaron con Vieiros dende Biexín poucas horas despois de lograr o cuarto ouro olímpico da historia do noso deporte. Fala Antón Paz:


19:00 21/08/2008 / "Decepción" da alcaldesa socialista

Un edil do PSdeG abandona o goberno local de Mos por diferenzas no pacto co BNG

Critica, entre outros contidos do acordo, que se lle dea prioridade á creación dun Servizo de Normalización Lingüística.


19:00 21/08/2008 / O SÁBADO 23, NA CORUÑA

Terceira batalla de bandas no 'Nsaio no Camiño'

Telemaco, Noise Project e Os trasnos de Moscoso loitarán por acompañar a Maryland e Som do Galpom na final.


14:00 21/08/2008 / Accidente aéreo

Unha veciña de Monforte, supervivente do sinistro de Madrid

A monfortina permanece grave, pero aínda non ten noticias da súa filla, que viaxaba con ela.


13:30 21/08/2008 / ENTRE O 18 E O 27 DE SETEMBRO

Pradolongo participará no Festival de Cine de Donosti

Participará na sección 'Made in Spain', dirixida á crítica internacional e aos compradores que acudan á oficina de vendas do certame.


13:15 21/08/2008 / comunicado greenpeace

Os supermercados, cómplices da desaparición dos caladoiros de peixe

As políticas de compra sustentábel das grandes superficies son inexistentes, insuficientes ou sinxelamente non se cumpren.


García Juanes preparado para a aventura / Foto: Ceciliobenito
13:00 21/08/2008 / CURIOSA PROTESTA

Un lucense percorrerá tres mil quilómetros en patín para pedir carrís bici

Arrancou este mércores 20, para facer un percorrido que o levará por cidades como Barcelona, París ou Friburgo.


12:20 21/08/2008 / ARTISTAS NOVOS PINTARÁN AS SÚAS OBRAS NAS PAREDES

Os barrios de Ferrol serán un inmenso mural

A iniciativa naceu para denunciar a situación de Canido, e agora o Concello apoiará a súa realización noutros lugares da cidade.


Varios dirixentes teñen conexións con Carlyle Group
12:20 21/08/2008 / Manifestación nas oficinas de Carlyle Group

Nova York indemnizará a 52 persoas detidas nunha protesta contra a invasión de Iraq

O concello da cidade estadounidense acordou pagar dous millóns de dólares aos demandantes pola violación dos seus dereitos civís.


12:19 21/08/2008 / UN CAMIÑO DE FERRO DE NORTE A SUL DE SUDAMÉRICA UNIRÁ CARACAS E BUENOS AIRES

Arxentina e Venezuela plantean unirse por liña férrea

Onte mércores comezaron as converss entre os gobernos da Arxentina e Venezuela para analizar as fortalezas económicas de troco comercial que xerará a construción do Tren del Sur, que proxecta conectar a Buenos Aires e Venezuela cun camiño de ferro que partiría de Caracas a Buenos Aires segundo declaracións do ministro do Poder Popular para a Infraestrutura, Isidro Rondón.


10:20 21/08/2008 / Crónicas da India (27)

Funcionariado

Hai persoas ás que non lles cabe na cabeza que haxa persoas capaces de antepoñer o que cren xusto e o benestar das persoas desfavorecidas aos seus ingresos e posición. Escribe María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento.


Paz e Echávarri competindo
09:46 21/08/2008 / PAZ E ECHÁVARRI VENCEN NA CLASE TORNADO DE VELA

A primeira medalla galega en Beixín é de ouro

Os regatistas galegos realizaron unha gran "Medal Race", controlando en todo momento as diferencias cos seus perseguidores.


Vehículos de emerxencia, estacionados ao carón do lugar do sinistro
09:15 21/08/2008 / Hai 19 superviventes

O goberno español eleva a 153 o número de mortos no accidente de Baraxas

A ministra de Fomento afirmou que se chegará ao fondo da investigación para "exixir responsabilidades" e que "estes accidentes non volvan suceder".


19:00 20/08/2008 / ANUNCIO DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

A Xunta renuncia a apoiar a dobraxe ao galego no cine e nos DVD

Continuará incumprindo o Plano de Normalización, que prevé cada ano a dobraxe de dez filmes con espectativas comerciais.


18:20 20/08/2008 / NO INTERIOR DO AVIÓN VIXABAN 173 PERSOAS

Un accidente aéreo en Baraxas deixa cando menos 140 mortos

Un avión da compañía Spanair, que se dirixía dende Madrid ás Illas Canarias, estrelouse ao pouco de despegar.


Voto exterior
18:00 20/08/2008 / Voto exterior

O PSOE cede e o parlamento español estudará a reforma electoral en setembro

Logo do acordo o resto de grupos retiran as súas peticións. Quintana di que Zapatero podería cambiar a lei "mañá mesmo".


Bolt celebra a vitoria
17:30 20/08/2008 / PAROU O RELOXO EN 19.30 NOS 200 METROS

Bolt acada outro novo record mundial

O mozo xamaicano está empeñado en rivalizar con Phelps polo protagonismo de estes Xogos Olímpicos. Aínda pode acadar outro ouro o venres no 4x100m.


14:20 20/08/2008 / FESTIVAL DE CINE ÁRABE 'AMAL', DO 25 AO 31 DE OUTUBRO

"A desinformación trae a confrontación"

O Amal 2008 achegará o mundo árabe a Compostela cos cinco sentidos, inclúe concertos e degustacións culinarias ademais de cinema.


14:15 20/08/2008 / PROSEGUEN AS DÚBIDAS SOBRE A DATA DOS COMICIOS

O adianto electoral viaxa de Ferraz a Montepío

Xosé Blanco, acompañado dun asesor do PSOE en Madrid, reuniuse este martes con Touriño e con outros dirixentes galegos para demandar o adianto.


14:00 20/08/2008 / do 23 ao 30 de agosto

Coruña ábrelle unha fiestra ás súas bandas locais

Unha semana de concertos para apoiar ás bandas locais na primeira edición do Festival Interurbano de música Crunia.