Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE DOMINGO

No 25 de xullo, "que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas"

Compostela convértese este domingo na peneira dun diverso e abondoso número de actos que reivindican máis autogoberno, celebran o Día de Galiza ou lle rezan ao Apóstolo.

Redacción - 13:45 23/07/2010

Actos oficiais, lúdicos ou reivindicativos repártense este domingo a partes iguais o protagonismo en Santiago de Compostela. O Día da Patria, Día de Galiza ou Día do Apóstolo, segundo se queira, ofrece na capital galega unha intensa xornada de lecturas de manifestos, ofrendas, concertos e mesmo celebracións relixiosas. Velaquí a meirande parte da axenda para este día:

Actos institucionais
Os reis, Juan Carlos e dona Sofía, presidirán os actos oficiais que se desenvolverán na Praza do Obraoiro. Alí, producirase o primeiro saúdo ás autoridades e está previsto que participen o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e a xefa do Lexislativo, Pilar Rojo. A catedral acollerá a tradicional misa na que será o rei quen pronuncie a ofrenda ao Apóstolo.

Axenda política e programación lúdica
O BNG manifestarase este ano baixo o lema “Fai valer a túa forza!” e defenden a celebración desde “Día da Patria para liberar a nación”. A manifestación sairá ás 12 da Alameda de Compostela co obxectivo de que a celebración desta data sexa “un dez, non só polo ano de século no que transitamos senón polo moito que hai en xogo: o autogoberno, a economía e a democracia”.

O PSdeG, como cada ano, trasladará a súa celebración a Rianxo. Os socialistas realizarán a súa tradicional ofrenda ante a estatua de Castelao nun acto no que o seu secretario xeral reclamará un novo Estauto. Cúmprese un ano dende que o propio Pachi Vázquez fixera esta mesma reclamación na vila rianxeira polo que, desta vez, volverá formular a urxencia de que Galiza conte co novo texto estatutario desta volta tamén para saír da crise con “máis autogoberno, máis competencias e máis financiamento”.

Causa Galiza tamén celebrará a súa manifestación, que partirá a unha da tarde da Alameda de Santiago baixo o lema “Para enfrontarnos ó capital, aquí e agora Soberanía Nacional”. A plataforma soberanista prevé ademais un amplo programa de actos que continuará cun xantar en Belvís e con actividades políticas, culturais e deportivas.

Tamén é de destacar a celebración, un ano máis, do Festigal, que organizan Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre. Cunha diversificada programación que abranguerá actividades de carácter lúdico, concertos de diferentes grupos e estilos musicais e unha oferta máis cultural, con coloquios ou presentación de libros. Desta volta, o Festigal acollerá as actuacións de Os Cuchufellos, Galegoz, Banda Potemkin, Santa Macairo Orkestar, Bellón Maceiras Quinteto, O'Questrada e Susana Seivane.

Así seguiu Vieiros o Día da Patria nos últimos anos:


Outros apuntes para celebrar esta data
:


4.83/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: