Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

Así, non…

13:10 12/03/2010

Estou seguro que compartirán vostedes comigo, que non todo vale en política, e que o cumprimento da palabra dada, debe ser un fin irrenunciable de calquera que se queira sentir lexitimado para expor a súa modesta opinión ante a opinión pública.

Digo todo esto porque me comprometín a criticar abertamente o novo presidente do Partido Popular de Ourense, se observaba nalgún momento que a súa actitude non era a que eu consideraba correcta.

O episodio da fichaxe do número dous do PSdeG de Ourense pola formación conservadora é un síntoma inequívoco de que algo non está funcionado correctamente na engrenaxe popular. Sen dúbida, unha persoa ten dereito a ter unha evolución ideolóxica que algúns poden chegar a considerar involución, mais determinadas decisións poder nacer viciadas por non cumprir unhas normas éticas mínimas necesarias por parte de alguén que pretenda representar á cidadanía.

Unha vez máis non vou a andar con rodeos, guste a quen guste. O novo membro do Partido Popular de Ourense, chamado Eladio Fernández, ao que non teño o pracer de coñecer, se quere que o seu cambio de rumbo ideolóxico-vital teña un mínimo de complicada credibilidade, debe inmediatamente renunciar ás súas actas de deputado provincial e concelleiro, logradas baixo as siglas do PSdeG, e non escudarse en respectables decisións dos tribunais sobre o persoal das actas de representación política, para intentar defender o indefendible. Se criticamos as manobras doutros presidentes provinciais do partido popular, cos que un pode ter pouca empatía, non sería serio nin responsable non denunciar en este caso actitudes pouco edificantes para a credibilidade do noso sistema político.

Probablemente se algúns dirixentes políticos tivesen un mínimo de compromiso coas súas siglas, e un pouco de cultura ideolóxica, saberían que non é defendible deitarse socialdemócrata e levantarse sendo se súpeto un convencido membro dunha formación de “centro reformista”. E ao novo presidente provincial ourensán dicirlle que non é leal tomar unha decisión dun calado político tan importante, de costas á dirección do seu partido, se en realidade iso foi o que sucedeu.

Cando se busca un impacto mediático por riba da racionalidade, podes estar intentando ocultar certas feblezas. Sei que algún me vai a entender, cando lle lembre aquel mítico e rompedor concerto sorpresa  dos  “The Beatles” dende a azotea dos estudios  “Apple” de Abbey Road, que a pesares da enorme trascendencia que tivo, non foi máis que a derradeira actuación dunha banda desmembrada. Por certo, que entre o repertorio do espectáculo interpretaron “Don´t let me down” (Non me falles). Pois iso...

Ou non?

4.68/5 (108 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións