Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Un dominio para o galego

PuntoGal agásallanos con nova web polo seu terceiro aniversario

A asociación anuncia que a primeiros de 2010 a ICANN podería abrir a solucitude dos nomes .gal.

Redacción - 14:15 10/06/2009

A Asociación PuntoGal, que aspira a acadar un dominio propio na internet para a nosa lingua e cultura, aproveita o seu terceiro aniversario para estrear unha nova web. O portal ofrece un novo deseño e melloras en navegabilidade.

A partir de agora, a web de PuntoGal inclúe tres seccións, a de Noticias relacionadas coa actividade da entidade, a de Información sobre os seus obxectivos e mais Apóianos, onde se achegan datos das entidades que se sumaron ao proxecto. A web está dispoñíbel en galego, castelán e inglés.

Así mesmo, a asociación informa de que a ICANN, o organismo que outorga os dominios, está a ter problemas na concesión de novos nomes por protección de marcas, entre outras, e que dilatarán as discusións até final do verán. Porén, espera que se abra o proceso no primeiro trimestre do 2010.


4.8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: