Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A ICANN TAMÉN VALORARÁ O POLÉMICO ".XXX"

En marcha a reunión que pode abrir a porta ao Puntogal

A Conferencia da ICANN en Lisboa discutirá sobre se lanza unha convocatoria para a creación de dominios de primeiro nivel, como o ".gal".

Manuel Vilas - 13:35 26/03/2007

A Conferencia da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN) empezou o luns en Lisboa. A ICANN é a organización non gubernamental encargada de autorizar a creación de novos dominios.

Membros da xunta directiva de Puntogal, que loita por un dominio para a lingua e a cultura galega, participan por vez primeira neste evento. Ente os puntos a tratar a Lisboa está a posíbel publicación dun calendario para a presentación de candidaturas para novos dominios.

De producirse esta decisión, Puntogal coñecería os prazos que tería que seguir para lograr un dominio, o ".gal", para a lingua e cultura do país. Ademais, a representación de Puntogal prevé contactar con outros colectivos que busan un fin similar. Grupos de Laponia, Gales, Bretaña ou Escocia, entre outros, xa deron a coñecer a súa intención de presentar unha candidatura cando sexa posíbel.

Cómpre lembrar que a ICANN non ten en marcha ningún proceso para o lanzamento de novos dominios. Porén, na axenda do encontro de Lisboa figura a posibilidade de lanzar unha convocatoria.

Cataluña é a única comunidade que logrou un dominio para a súa lingua e cultura. Tratouse dun proceso complicado que durou máis de dous anos. O bo funcionamento do ".cat" é precisamente un dos argumentos que barallan os membros da ICANN que están a favor dunha nova convocatoria.

Un dominio para o porno?
Por outra banda, o presidente da ICANN, Paul Twomey asegurou na ingauración que "será especialmente relevante a decisión sobre a posible creación dun dominio .xxx". O lanzamento dun dominio para os contidos sexuais da rede ten dividido á comunidade internauta.

A mellora da seguridade dos dominios e a participación africana na ICANN son outros dos aspectos tratados na xuntanza.


Ligazóns

4.8/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: