Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
O PRESIDENTE DESTACA A IMPORTANCIA DE "ACADAR UN DOMINIO PROPIO"

A plataforma PuntoGal xa conta co apoio de Touriño

Na procura dun dominio propio para a cultura galega a plataforma PuntoGal segue a recoller apoios e sinaturas. Esta semana foi o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, o que se reuniu cos responsábeis da iniciativa, que lle transmitiron as medidas que se están a tomar con vistas á proposta da candidatura galega perante o ICANN, o organismo mundial que xestiona a entrega de dominios e que se reunirá a finais de marzo en Lisboa.

- 15:10 24/02/2007
Tags:

Entre as medidas que PuntoGal porá en marcha atópase a campaña para acadar apoios nos centros galegos e nos reitorados das universidades.O dirixente subliñou a importancia que pode ter para Galiza e para a promoción da súa cultura e identidade no mundo o feito de acadar un dominio propio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: