Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA EN XUVENTUDE GALIZA NET

PuntoGal xa supera os 8.000 apoios

A asociación conseguiu 700 apoios durante o encontro informático que tivo lugar na capital do país.

Redacción - 09:00 25/03/2008

A asociación PuntoGal, que ten como principal obxectivo conseguir un dominio de internet para a nosa cultura, conseguiu máis de 700 sinaturas durante o encontro Xuventude Galiza Net, que se desenvolveu do 14 ao 16 de marzo. Coas novas incorporacións, PuntoGal xa supera os 8.000 apoios individuais ao dominio.


A asociación estivo presente mediante un posto, situado á entrada do Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, por onde pasaron máis de 1.500 persoas de todas as idades. Moitas delas preguntaron que era iso do puntogal, polo que recibiron material informativo. Ademais, as persoas que asinaron obtiveron a cambio como agasallo camisetas co lema "Estouche a punto.gal" e adhesivos co logo "eu.gal".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: