Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Dominios de internet

PuntoGal estará nunha reunión da ICANN en Los Angeles

Unha delegación da asociación participará nun debate sobre a introdución de novos nomes de dominio.

Redacción - 10:48 23/10/2007

Unha delegación da Asociación PuntoGal participará en Los Angeles na 30ª edición do encontro internacional da ICANN, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamiento do sistema de dominios en Internet.

Durante a última semana de outubro, as máis de 500 persoas inscritas na convención analizarán en detalle cuestións como o funcionamiento interno da organización ou a normativa aplicable ás candidaturas. Nesta edición terán especial importancia os debates en torno ás recomendacións propostas para mellorar as estructuras e procesos da organización de apoio para nomes xenéricos (GNSO) para introducir novos dominios de primeiro nivel.

Aínda que non se coñece con exactitude a data na que se abrirá o novo proceso, directivos da ICANN anunciaron na pasada edición do seu encontro internacional en Porto Rico que lanzarán unha convocatoria de novos identificadores, posiblemente no verán de 2008.

Todos os informes elaborados pola ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) –o organismo responsable dos dominios en Internet- insisten nalgunhas cuestións fundamentais para a consecución con éxito do proceso: que sexa unha petición unánime, respaldada pola comunidade no seu conxunto e que os distintos informes que se teñan que presentar sexan impecables tanto no aspecto técnico, como no económico, como no de xustificación.

Durante a reunión, que se desenvolverá entre o 29 de outubro e o 2 de novembro, os representantes de PuntoGal manterán distintos encontros e entregarán información aos asistentes sobre a proposta dun dominio para a cultura e a lingua galega na rede. Aproveitando a ocasión, tamén se reunirán con membros dos centros galegos dos Estados Unidos para presentarlles persoalmente a iniciativa do PuntoGal.


2.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: