Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Manuel Suárez

Os charrúas riopratenses e as alaricanas

09:50 29/01/2008

Hai moitos anos que lín un moi documentado libro titulado O carnaval en Galicia. Nel teño marcada a páxina 185 porque alí o autor, Federico Cocho, falando do amplo repertorio de nomes populares das máscaras do entroido di que na vila ourensá de Allariz a denominación máis común é a de charrúas.

Cito textualmente: En Allariz, recoleta vila e corte románica, 20 quilómetros ó sur de Ourense, a denominación máis popular era de charrúas. Non lle faltaban chocas, pelicas e unha vara na van. Risco recolleu un testemuño popular sobre a orixe do nome. Facíano derivar dun home da veciña Xinzo, moi afeccionado a se disfrazar e apodado asía, charrúa. O certo é que charrúas eran as tribus, xa extinguidas, que ocupaban unha ampla franxa de territorio á ámbolos lados do río Uruguai cando chegaron os conquistadores españois. É posible que algún indiano trouxese o termo e que despois se popularizase, por aquilo do exotismo, na fala da rúa. ¿Quén sabe se o indiano era ou non de Xinzo!

Agora e grazas a un libro editado recentemente en Montevideo podemos dicir que o misterio está resolto. A propietaria da libraría Artigas (apelido do heroe nacional uruguaio) de Baio (A Coruña) prestoume o seu exemplar de El rico patrimonio de los orientales do que é autor Daniel Vidart. Neste ensaio publicado por Ediciones de la Banda Oriental o recoñecido antropólogo inclúe un capítulo titulado Posible origen del gentilicio charrúa. O vello investigador ---a súa primeira publicación é de 1946--- di algo que para min é o punto de partida: No sabemos cómo se denominaban los charrúas a si mismos. Generalmente es el Otro quien, desde una posición etnocéntrica, descalifica las cualidades morales o físicas de los extraños que, por el mero hecho de serlo, también se consideran enemigos. Vidart escribe que cre haber encontrado la fuente originaria del gentilicio charrúa. Como muchas otras palabras atribuidas a los indígenas o a los criollos, que considerábamos propias de nuestro continente, ésta también nos enfría el entusiasmo americanista dado que pertenece al acervo lingüístico europeo y dentro suyo al idioma gallego.

Lembra Vidart que cando preparaba un libro sobre o carnaval, chamou a súa atención a referencia que Julio Caro Baroja fai dunha comparsa de “máscaras fustigadoras” do entroido galego chamada os charrúas e tamén a enumeración das máscaras realizada por Fermín Bouza-Brey. Nun primeiro momento pensou que o nome viñera de América. Anos despois e transcribindo unha carta de Diego García do ano 1527 para a súa serie cronolóxica El Uruguay visto por los viajeros, le: En todo este descubrimiento que hicimos vimos muchas islas y arboledas y muchas parcialidades de indios que son los siguientes: la primera parcialidad a la entrada del río, a la banda del Norte, se llaman los Charruases. O tal Diego García era un experimentado mariño portugués (¿galego ourensán?) ao servizo da monarquía española que neste ano de 1527 facía a súa terceira viaxe ao Río da Prata. Antes viñera con Solís e Magallanes polo que coñecía ben os actuais territorios arxentinos e uruguaios das beiras dos ríos Paraná e Uruguai. Aclara Vidart que García era analfabeto e que foi un amanuense de pouco entendemento o que escribiu charruases en lugar de charrúas inventando un plural para unha palabra que xa estaba nese número.

O egrexio profesor uruguaio suliña a importancia de que García nesta terceira viaxe fixese a saída desde o porto da Coruña xa que esto hace suponer que, si bien García había nacido en Portugal, a esa altura de su vida Galicia era una tierra por él bien conocida. Engade que la cultura galaico-portuguesa comparte formas de vida y modos de ser reflejados en las festividades religiosas y las profanas polo que debe de desucirse que que el entroido, el carnaval gallego, con sus mascarones pintados de vivos colores y fachas estrafalarias, le era familiar. Entonces les llamó charrúas a unos indios de rostros extraños y pintarrajeados, a medias cubiertos con mantos de pieles decoradas con dibujos geométricos y cuyos gestos eran tan chocantes y sus atuandos tan astrosos como los de los agresivos mascarones gallegos.

Con moita humildade don Daniel expresa que mi pequeño descubrimiento remite a la fuente más creíble, o quizá menos endeble, acerca del origen y significado de la voz charrúa. Este nombre, ya existente en Galicia, fue utilizado por un europeo para designar al Otro, asociándolo con los pintarrajeados mascarones, el ridículo aspecto y la vocación agresora de los charrúas del entroido, el carnaval gallego. A verdade para min é que o tema é moito máis importante do que parece. No ensino uruguaio a doctrina oficial era a de que os charrúas ademais de valentes e loitadores eran os devanceiros daqueles estupendos xogadores de fútbol que en 1950 gañan o campionato mundial en Maracaná. Os xornalistas repetían que o éxito era por mor da “garra e o sangue charrúa”.

Quero facer unha pequena puntualización ao histórico descubrimento de Vidart para levar a auga ao meu muíño. Se Diego García fose realmente portugués debería ter nacido na zona de Chaves senón vexo moi difícil que puidese saber que as máscaras de Laza e Verín son os peliqueiros e que as pantallas son de Xinzo e que as charrúas son alaricanas. Postos a facer suposicións ata se pode pensar que tiña unha moza en Allariz e que antes de embarcarse para América estivo nos festexos ourensáns. Os entroidos costeiros coruñeses ou pontevedreses pouca semellanza teñen cos ourensáns e por tanto sen saír dos arredores da Coruña non me parece que García puidese informarse con tanta exactitude sobre unhas máscaras de ámbito local. A miña hipótese é que o mariño en cuestión era nativo de Allariz. Claro que sendo alaricano algunha boa razón tería para pasar por portugués. Non sabemos cal foi e o abano de posibilidades dentro dos tres grupos que se me ocorren (amorosas, laborais, relixiosas) é moi amplo.

4.83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Suárez

Manuel Suárez Suárez naceu en 1953 en Vimianzo (Terra de Soneira). Con só cinco anos emigrou coa súa nai a Montevideo, onde se licenciou en Dereito. No Uruguai participou activamente na vida asociativa galega e dirixiu a publicación trimestral Guieiro. Tamén publicou o libro "Memorias Riopratenses" (2003). »



Anteriores...