O que nos últimos meses fora Xeración Web, o espazo na rede que servía de punto de encontro para todos os contidos xerados polo Grupo Progreso, convértese agora en Galiciae.com.
O grupo lugués revisa a súa estratexia na web e desde agora os contidos dos seus xornais El Progreso e Diario de Pontevedra quedan baixo o formato de Galiciae, aínda que manteñen os formatos vellos as webs De Luns a Venres e AGN.
Mágoa que de xeito paralelo ao cambio de deseño, a aposta inclúa o cambio da lingua escollida. Se Xeración publicaba exclusivamente en galego, Galiciae opta polo castelán.
Buscamos tradutor para coñecer desta curiosice vieiresca que chegou a terras vascas.
Xa están aquí. En Compostela, queremos dicir. Porque, tal e como nos lembrou hai pouco unha (amábel) lectora: "hai vida máis alá da capital". E na Mariña -por exemplo- levan -polo menos- dúas semanas con augas.
Dende a compostelá Rúa do Pombal, 43-soto alá vai (dentro da nova) un pequeno agasallo para todos os galegos e para todas as galegas, de todos os concellos de todas as bisbarras; celebremos que na capital do Reino as chuvias son chegadas.
Dende Allariz, Jonatan Rivas Pérez déixanos a súa opinión sobre a situación do transporte en Galiza.
Parece que os medios se recrearon demais nas imaxes onde un rapaz lle dá unha malleira a outro, reproducindo unha e outra vez o vídeo nos informativos.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia enviou un comunicado ao respecto:
"A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere amosar públicamente a súa preocupación pola difusión de imaxes nos medios como a que esta semana recolleu unha paliza a un rapaz de Boiro.
A naturaza do caso, no que están implicados menores de idade, a brutalidade dos feitos e a circunstancia de que a gravación se levara a cabo coa vontade deliberada de darlle difusión, son argumentos máis que suficientes para abrir una reflexión sobre este asunto.
Por esta razón, o CPXG decidiu encargar ó seu Observatorio Galego dos Medios (OM) a elaboración dun informe sobre este asunto a partir do cal facer unha reflexión sobre como debe o xornalismo encarar esta clase de fenómenos".
Non perdan: xa en PDF: O Pasquim, suplemento de humor do xornal Novas de Galiza.
Desde o gabinete do PSOE en Arxentina chega noticia de que "a flamante presidenta electa" referenciou o presidente da Xunta na súa primeira entrevista televisiva despois da vitoria nas presidenciais.
Remexía na cadeira o deputado Ruiz Rivas, respectado orador parlamentario do PPdeG, mentres á súa beira o señor Ignacio López Chaves improvisaba unha galería de despropósitos na súa intervención deste luns durante a Comisión de Investigación sobre a Cidade da Cultura. Levaba consumido case que a totalidade do seu tempo o deputado Chaves e aínda non comezara a falar do tema que citaba aos deputados unha vez máis este luns: a Cidade da Cultura. Non se lle vía cómodo a Ruíz Rivas coa desbaratado discurso do seu compañeiro, que mesturaba referencias a Marx, Lenin e os estatutos da UPG, con presuntos extremismos argallados para a "exterminación do contrario". Non foi a primeira vez, e outras xa divertira ao persoal empatando o Bloque con Herri Batasuna e outras peras con cebolas. "Isto parece unha tasca", dicía Chaves, mentres paradoxalmente o seu discurso non axudaba a que parecese un Parlamento de verdade.
Especulábase en tempos de gobernos Fraga polas terras galaicas, con que á obra do Gaiás seríalle concedido o nome do seu "inspirador divino". Xa que logo, os letreiros composteláns levarían cara á chamada "Cidade da Cultura Manuel Fraga".