Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Blog


R.V. - 19:37 27/03/2007

Unha axenda propia

A crispación da política estatal tamén chega até onda nós. Hoxe mesmo vin como un señoriño lle chamaba dende a beirarrúa "facha" a un taxista que levaba posto a todo gas a Jiménez Losantos. O conductor tamén lle ceibou outro insulto ao seu contrincante. Todo o que lles relato pasou esta mesma mañá no barrio de Vista Alegre e eu, a verdade, non daba crédito. Só nos faltaba que as guerras mediáticas que se libran en Madrid e que outros inflaman cobren aquí as súas vítimas. Un país normalizado tamén precisa de axendas informativas propias.

0 comentarios


Redacción - 11:00 20/03/2007

Rodríguez Ibarra: pouco diplomático, menos oportuno

Era un día para a festa, para o recoñecemento ao valor patrimonial de Cabo Fisterra, do Arquivo Histórica da Coroa de Aragón, da Residencia de Estudantes de Madrid e do Mosteiro de Yuste.

Os protocolos escolleron o fermoso recanto estremeño de Yuste para o acto de proclamación oficial dos espazos que pasan a integrar a escolma do novo selo "Patrimonio Europeo".

E aló estaba, xa que logo, o presidente de Estremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, nun dos seus últimos actos institucionais antes de deixar o cargo despois das próximas eleccións autonómicas. Era un acto onde a Ibarra non lle correspondía o protagonismo, pero tentou conseguilo con algúns tópicos do seu discurso máis belixerante.

"Medo me dan os concursos ou calquera cousa que cheire a competición entre comunidades autónomas", dixo nunha das súas intervencións, indicando que a bo seguro fora decisión difícil a escolla entre os candidatos debido "ás sensibilidades territoriais que parecen terse desatado coma un sarpullido en España ultimamente". De paso, e malia que a UE deixara ben claro que a iniciativa se impulsaba para o recoñecemento de lugares clave na construción da "identidade de Europa", Rodríguez Ibarra insistiu en subliñar que aló non estaban candidaturas de Galiza ou Aragón, senón "a aposta española" para o proxecto.

  • A noticia en Vieiros: Cabo Fisterra, Patrimonio Europeo
  • Galería de fotos do acto de proclamación oficial
  • 0 comentarios


    algúnqueoutro da redacción - 18:17 19/03/2007

    O Pazo de Lugo non deu a esquecemento

    Logo do fracaso de Lobelle e Azkar na Copa de España de fútbol sala, o interese pola ídem baixou en Lugo a niveis mínimos. Porén, por unha final entre os dous mellores equipos do campionato -disque do mundo-, valía a pena un pequeno investimento de dez euros -aínda que un paxariño me dixo que algún que outro "evitou" abonar a entrada, "por principios". (Segue)

    0 comentarios


    Redacción - 15:16 16/03/2007

    Así funciona Vieiros... e por defecto o New York Times

    Os que agardamos ansiosos a chegada do papel dixital alegrámonos ou polo menos esbozamos un leve sorriso cando coñecemos a nova que nos chegou este venres desde o New York Times. Porén, de seguro que algúns dos xornalistas deste rotativo de referencia mundial non opinan o mesmo ca nós (segue)

    0 comentarios


    Redacción - 12:27 15/03/2007

    Os amigos de Galinus

    Desde a bitácora O Galinheiro, os amigos de Galinus ofrécenlle a quen no blogomillo poida interesarlle unha análise da proveitosa colaboración mantida no proceso cara ao novo Vieiros: "Arquitectura da Informação e Usabilidade na Reforma de Vieiros"

    "Praticamente coincidindo com o seu 11º aniversario, Vieiros reforma-se e da um salto no seu desenho que o coloca na vanguarda dos jornais electrónicos do noroeste da Península Ibérica".

    Grazas!

    1 comentarios


    Redacción - 12:24 15/03/2007

    Unha semana co novo Vieiros

    Este xoves vai unha unha semaniña do día en que o equipo de Vieiros fixo unha maratón nocturna para sacar á luz este novo formato que agora navegades. Aí á beira, no Flickr, podedes ver imaxe de olleiras e cafeínas. Nesta mesma bitácora, a crónica do director sobre o parto.

    0 comentarios


    Redacción - 22:00 14/03/2007

    De "Emigración" a "GZ Exterior"

    Desde Cataluña escríbenos Xabier Paradelo, xestor de Vieiros Barcelona, para darnos conta das reflexións da vizosa comunidade galega por aquelas terras sobre a recente etiqueta "Emigración" que agora mesmo acolle ás edicións de Barcelona, Bos Aires, Euskadi e Venezuela. Antes foron moitas outras: Alemaña, Dublín, París, Bruxelas...

    Propón Xabier que mudemos a denominación para estas edicións e as que veñan pola etiqueta "Galiza Exterior" ou simplemente "GZ Exterior". Abrimos debate un par de días, por se hai algunha outra proposta (podedes envialas a redaccion arroba vieiros.com, ou deixalas nos comentarios deste post). En principio, apoiamos a proposta de Xabier Paradelo, "GZ Exterior" pode ser un cabeceiro mellor.

    8 comentarios


    Redacción - 13:02 13/03/2007

    Álvaro, volve!

    Botamos en falta ao noso conseguidor de imposíbeis tecnotrónicos, Álvaro, que anda agatuñando por remotas cotas pirenaicas despois do primeiro treito da maratón Vieiros Beta. Aquí o podemos ver, nun vídeo antigo, gozando da neve. Ademais de manter o equilibrio aínda ten tempo de coordinar a cámara. Só lle falta conectarse vía wi-fi e resolvernos a distancia algunha incidencia vieiresca:

    0 comentarios


    Redacción - 19:00 09/03/2007

    Un pedaciño de Vieiros na distancia

    Até hai pouco tiñámolo no cerne da redacción, poñéndolle humor ao día, propoñendo rocanrol pra os titulares ou aquelando galego.org. Tiña Vieiros na cabeciña e con ela sobre os ombreiros chimpou o mar para chegar a Escocia na procura de novos desafíos.

    Na caixa de correo atopamos este afago que nos envía:

    Prezados vieirescos e vieirescas:

    É unha alegría moi grande vervos desta maneira. Dende estas 2000 millas que nos separan podo arrecender as pizzas e as aliñas de polo das últimas horas, sentir como bailan os corchetes do html e lembrar as vellas frases da voltiña etc. Pero o esforzo valeu moito a pena. O produto é fantástico, posibilita moitas ferramentas de participación e dálle unha aparencia bastante moderna, relaxada e cómoda de navegar.

    Claro que haberá pequenos erros, pero as utilidades que implementastes para que se vos poidan comunicar di moito do que está no fondo dos vosos propósitos de medio aberto e comunitario. Tamén me enche de orgullo ver como pequenas e grandes cousas que levaban moito tempo na recámara, dende as RSS ao 'Vieiros de meu', saen por fin á luz: pouco e pouco, e con esforzo, fóronse sacando pra adiante. E iso mola.

    Xa non sei cantos estades nese barco, nin os que estades. Algo puiden saber do proceso mentres se xestaba e agora conténtome con ver o flickr (malia que non sacásedes foto das pizzas). A todos e todas vós, os meus maiores parabéns. Transmitídellelos aos que non reciben o mail, please.

    Ao voso dispor.


    Máis de Xabi na súa web persoal, Xabiercid.eu e no espazo de Opinión.

    1 comentarios


    Redacción - 18:00 09/03/2007

    Facendo escolma de "marcadores"

    Abrimos conta en del.icio.us.

    0 comentarios



    Flickr

    Mustafa Abdülcemil, líder do tártaros de Crimea Igrexa en Foros, ao sur de Crimea / Autor: HungryForester Koktobel, ao sur de Crimea / Autor: Ruslik Kefe / Autor: dlia_4erez_v Crimea / Autor: sergey.ring Crimea / Autor: sergey.ring2 Haspra / Autor: Argenberg Antiga cidade de Chersonesos, en Akyar/Sevastopol / Autor: Argenberg Balaklava / Autor: Lyncis

    Del.icio.us