Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Rodríguez Ibarra: pouco diplomático, menos oportuno

Redacción - 20/03/2007 11:00 - visitas

Era un día para a festa, para o recoñecemento ao valor patrimonial de Cabo Fisterra, do Arquivo Histórica da Coroa de Aragón, da Residencia de Estudantes de Madrid e do Mosteiro de Yuste.

Os protocolos escolleron o fermoso recanto estremeño de Yuste para o acto de proclamación oficial dos espazos que pasan a integrar a escolma do novo selo "Patrimonio Europeo".

E aló estaba, xa que logo, o presidente de Estremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, nun dos seus últimos actos institucionais antes de deixar o cargo despois das próximas eleccións autonómicas. Era un acto onde a Ibarra non lle correspondía o protagonismo, pero tentou conseguilo con algúns tópicos do seu discurso máis belixerante.

"Medo me dan os concursos ou calquera cousa que cheire a competición entre comunidades autónomas", dixo nunha das súas intervencións, indicando que a bo seguro fora decisión difícil a escolla entre os candidatos debido "ás sensibilidades territoriais que parecen terse desatado coma un sarpullido en España ultimamente". De paso, e malia que a UE deixara ben claro que a iniciativa se impulsaba para o recoñecemento de lugares clave na construción da "identidade de Europa", Rodríguez Ibarra insistiu en subliñar que aló non estaban candidaturas de Galiza ou Aragón, senón "a aposta española" para o proxecto.

  • A noticia en Vieiros: Cabo Fisterra, Patrimonio Europeo
  • Galería de fotos do acto de proclamación oficial

  • Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: