Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Do Gaiás a Vilalba, recordos de Fraga

Redacción - 23/10/2007 12:45 - visitas

Especulábase en tempos de gobernos Fraga polas terras galaicas, con que á obra do Gaiás seríalle concedido o nome do seu "inspirador divino". Xa que logo, os letreiros composteláns levarían cara á chamada "Cidade da Cultura Manuel Fraga".



A inesperada derrota deixou coas gañas os cuarteis populares que, malia inxección económica de última hora para deixarlle lastrado o orzamento ao goberno entrante, non puideron deixar bautizado o xigantón meniño do Gaiás. Por iso, o ex presidente terá que conformarse con exabruptos de última hora.



Pero se non hai unha "Cidade da Cultura Manuel Fraga", si hai pola contra unha "Cidade Cultural Manuel Fraga". Ocupa o contorno dos centros escolares e a biblioteca municipal da vila natal do ex presidente, en Vilalba.


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: