Vieiros

Vieiros de meu Perfil


E Cristina acordouse de Emilio

Redacción - 31/10/2007 11:40 - visitas

Desde o gabinete do PSOE en Arxentina chega noticia de que "a flamante presidenta electa" referenciou o presidente da Xunta na súa primeira entrevista televisiva despois da vitoria nas presidenciais.



Foi durante o programa "Desde el Llano", cando preguntada polo xornalista sobre a súa estratexia fronte ao consumo de drogas, Cristina Kírchner comentou que durante a súa recente entrevista co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, este explicáralle a experiencia de Galiza "no tratamento destes temas, fundamentalmente en como se logrou involucrar a familia e a sociedade na loita frontal contra este flaxelo".


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: