Dende Allariz, Jonatan Rivas Pérez déixanos a súa opinión sobre a situación do transporte en Galiza.
"Estamos a viver uns tempos nos que a mocidade galega estase a deixar a vida nas estradas. Fálase moito da problemática do alcol, a velocidade, a situación das estradas, etc. Pero, do que non se fala, é de que non é posíbel viaxar por Galiza noutro medio que non sexa o automóvil.
Como é posíbel que ir dende Ourense até Compostela sexa máis caro e se tarde máis que ir dende Compostela até Londres? Cómo imos deixar de viaxar polo País en automóvil si é máis económico e cómodo que en tren? A mocidade en Euskadi (cunha oreografía máis brusca cá galega) non sofre estes problemas de accidentes de tráfico, ao igual que en Catalunya. Ámbalas Nacións están vertebradas i é posíbel viaxar en medios de transporte públicos, económicos, de calidade, frecuentes, con máis dunha liña e interconectados tanto o autobús como o tren. Mentres esta situación non mude na Galiza, seremos moitos xoves os que sigamos a xogármonos a vida nas estradas por non poder pagar os prezos duns medios de transporte públicos moi deficientes."