Xa están aquí. En Compostela, queremos dicir. Porque, tal e como nos lembrou hai pouco unha (amábel) lectora: "hai vida máis alá da capital". E na Mariña -por exemplo- levan -polo menos- dúas semanas con augas.
Dende a compostelá Rúa do Pombal, 43-soto alá vai (dentro da nova) un pequeno agasallo para todos os galegos e para todas as galegas, de todos os concellos de todas as bisbarras; celebremos que na capital do Reino as chuvias son chegadas.
Madrigal a cibdá de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida sol.
Chove en Santiago
na noite escrura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Federico García Lorca. 'Seis poemas galegos', 1935.