Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Queixas do Comité Cidadán de Emerxencia

Veciños de Ferrolterra critican a indiferenza da Xunta cos riscos a pé da gaseira

Lonxe de aclarar o acontecido, a postura oficial sobre o incendio en Forestal do Atlántico no mes de abril aumenta a sensación de inseguridade entre a veciñanza.

Redacción - 12:00 08/06/2010

O pasado mes de abril contabámoslles como o lume no complexo petroquímico contiguo á regasificadora metía outra vez o medo no corpo dos veciños de Ferrolterra: Nova faísca de inseguridade na bomba de reloxería da ría ferrolá titulaba daquela Vieiros.

Esta semana temos noticia á fin, e mes e medio despois do suceso, da xuntanza do director xeral e subdirector de Emerxencia da Xunta de Galicia con representantes da plataforma de veciños mugardesa 'O Cruceiro de Mehá' e con membros do Comité Cidadán de Emerxencia. O obxectivo era aclarar as circunstancias do acontecido a mediados de abril, cando se deu alerta por lume na factoría de Forestal do Atlántico mentres tiña lugar nas proximidades a descarga de máis de 50 mil toneladas do gaseiro 'Madrid Spirit'.

"A nosa preocupación era evidente antes da xuntanza e esa preocupación aumentou tras a mesma", láianse os veciños, advertindo de que os voceiros da Xunta, lonxe de "xeneralidades" e da cualificación do acontecido como incidente de "escasa entidade" evitaron afondar na cuestión, estendendo o "manto de silencio" que cubriu o suceso desde o primeiro momento. "Non nos aclararon o lugar exacto dentro da empresa onde se produciu o incendio", reprochan desde o CCE. De paso, critican que por parte da subdirección de Emerxencia da Xunta se afirmou que "eles non tiñan responsabilidade, nin era tema da súa competencia o risco engadido que representaba o gaseiro que estaba descargando na planta de Reganosa no momento en que se producía o incendio". "E tampouco puideron aclarar o significado das bucinas que en diferente horas ouviron os veciños", avisan. Os responsábeis de Emerxencia comprometéronse a realizar simulacros de emerxencia entre a poboación, "ao que están obrigados e que non fixeron até o de agora".


3.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: