Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Xornadas organizadas polo STEG

Plurilingüismo e modelos de normalización

Francisco Fernández Rei, Xaime Subiela ou Pilar García Negro son algúns dos conferenciantes nunha cita onde está prevista tamén a presencia do secretario xeral de Política Lingüística.

Redacción - 10:15 19/06/2010
Tags:

Promover unha reflexión pública e ponderada sobre a problemática das sociedades plurilingües contemporáneas, facilitar un espazo e unha ocasión para a análise crítica das políticas lingüísticas: a actual, as anteriores, a doutros lugares ou incentivar o debate público, democrático e respectuoso coas diferenzas e as minorías sobre a cuestión da lingua na Galiza de hoxe. Son algúns dos obxectivos das xornadas que teñen lugar este sábado en Santiago no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), organizadas polo STEG.

O programa concluirá cunha mesa redonda baixo o título 'O galego no ensino: novo marco deseñado polo decreto do plurilingüismo', unha análise crítica e debate onde confrontarán o propio secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o profesor Bernardo Penabade, a escritora Rexina Vega e Xosé Antonio Calviño Martínez en representación do STEG.


2,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: