Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
COA CONSULTA ENVIADA AOS PAIS

"Concúlcanse os dereitos lingüísticos do alumnado", denuncian CIG e Queremos Galego

Aseguran que a pregunta sobre a lingua materna é "tendenciosa", "tramposa" e "agocha intencións contrarias ao galego".

Redacción - 19:00 10/06/2010
A resposta dos pais decidirá a escolla da lingua para a educación infantil no próximo curso

A resposta dos pais decidirá a escolla da lingua para a educación infantil no próximo curso

As reaccións non se fixeron agardar no día despois de coñecermos que a Xunta de Galiza xa enviou aos centros educativos unha enquisa na que cuestiona sobre a lingua materna do alumnado para decidir a lingua de ensino no vindeiro curso.

Dende a plataforma Queremos Galego falan de “falta de ética política” de Núñez Feijoo por “camuflar e trampear a consulta aos pais”. Explican que a formulación da pregunta está “camuflada”, sen indicarse en ningún caso os seus efectos e ademais está presentada como unha cuestión sobre a “lingua materna”, de forma que as familias que lle falan castelán aos seus fillos terían dificultades serias para que estes puidesen aprender galego na escola. Consideran unha mostra de “prepotencia impresentábel” que a Xunta continúe cos seus proxectos, recordan que levarán “o decretazo” aos tribunais e fan un chamamento ás familias falantes de castelán a que respondan “galego” para que as súas nenas e nenos tamén aprendan a lingua propia de Galiza.

Pola súa parte, a CIG-Ensino subliña que o cuestionario para as familias con fillos en infantil “vai dar lugar ao incumprimento dos dereitos lingüísticos do alumnado que se pode ver privado do uso da lingua galega”. Ademais, apunta que a pregunta non vai dar conta ·de calé a lingua do contorno familiar do alumno, “pois preguntar cal é a lingua materna, en especificar que criterios se deben ter en conta para estabelecelo, pode dar lugar a unha situación que non sse corresponda coa realidade, xa que pode haber familias que respondan que a lingua materna dos seus fillos é o español, cando na realidade no seu contorno familiar a lingua de relación é o galego”, din. Finalmente, aseguran que o procedemento da Consellaría é contrario a dereito (como ditaminou o Consello Consultivo) e contrario a calquera exame científico, ademais de desautorizar ao profesorado.


4.89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: