Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O fachineiro da lingua

O milagre cotián

Tocounos vivir nun país diferente...

A.Q. - 21:52 12/05/2010
Tags:

onde hai xente que inviste as súas forzas en loitar contra a lingua propia, onde hai que encher o obradoiro cada trimestre para reclamarlle a un goberno que faga o que debera facer por sentido común, legal e moral; onde, se queres un documento notarial en galego, van darcho dous meses máis tarde ca en castelán; onde, cando morres, os teus aínda teñen que estar pendentes e pedir por favor a necrolóxica na que falaras; onde non podes atopar unha robaliza en ningún letreiro dun supermercado; onde se redactan o 2% das sentenzas en galego, onde a universidade que máis docencia imparte non chega ao 20%; onde podes ver na carta do restaurante crêpes suzettes pero non ollomol ao forno; onde a primeira medida que un goberno adopta é a de eliminar a proba de galego no acceso á función pública “para no crear barreras”; onde o Conselleiro de Educación desacredita o labor dos docentes aos que administra e o de cultura desvaloriza a cultura que representa. Aquí, no único país do mundo no que se emiten os teletubies en inglés, subtitulados para nenos que non saben ler, seguimos existindo: un milagre cotián. 

 A.Q.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: