Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

O castelán é o idioma hexemónico nas principais cidades costeiras do país

Compostela e Ourense son os únicos dous grandes municipios do país onde as familias que se declaran só galegofalantes superán ás que usan só a lingua allea.

Redacción - 09:50 18/04/2010
Tags: galego IGE uso

A punta de lanza do proceso de desgaleguización segue a estar nas áreas urbanas. O último informe do Instituto Galego de Estatística dá datos que poden conformar unha idea da correlación de forzas entre galego e castelán nas sete principais urbes do país. Un exemplo é a pregunta de cantas familias hai que empregan sempre unha das linguas na súa vida diaria. O resultado dá para unha reflexión.

No municipio de Vigo, un 3,96% das familias declara falar sempre en galego fronte a un 24,87% que afirman empregar exclusivamente o castelán. Na Coruña, a porcentaxe a prol do galego é dun 5,34% fronte a un 19,47% de familias que empregan sempre o castelán.

Unha cidades onde se nota unha fenda máis profunda é na de Ferrol. Fronte ao 28,93% dos fogares que se declaran só castelánfalantes contrasta o 3,93 dos que se expresan sempre na lingua do país. As diferenzas tamén son moi palpábeis en Pontevedra cun 24,65% (castelán) fronte a un 6,74 (galego).

As cidades cunha situación máis equilibrada son as tres restantes. Así en Compostela a porcentaxe de familias que afirman empregar sempre o galego é dun 10,62% fronte a un 6,87 que din expresarse só en castelán. En Ourense a porcentaxe de familias galegofalantes é lixeiramente superior ás que só falan castelán, 13,59% fronte a un 13,53%. E no municipio de Lugo os resultados son de 10,45% (galego) e 11,96% (castelán).


2.33/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: