Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
En maio

Colectivos composteláns argallan unhas festas populares e alternativas

Música, obradoiros, exposicións e debates pretenden converterse nunha resposta ás festas da Ascensión que teñen lugar nas mesmas datas.

Redacción - 10:37 14/04/2010

Colectivos sociais de Compostela pretenden organizar durante o mes de maio unhas festas populares como alternativa ás festas da Ascensión que se celebran na cidade. Varias organizacións consideran que os festexos non responden ás demandas do asociacionismo e considéranas "unha españolada" ou "un estrago de diñeiro".

Por iso, propoñen que, do 7 ao 23 de maio, se artellen unhas Festas Populares "dende abaixo, descentralizadas e espalladas polos barrios", de xeito que respondan "aos intereses e necesidades da veciñanza, participativas e colectivas".

Todas as actividades irán agrupadas nun cartaz ou tríptico coa marca "Festas Populares 2010", ás que se poden sumar as programacións que xa teñan previstas colectivos que achen o proxecto interesante. Ademais, esa marca común acompañará os carteis de actividades organizadas por cada asociación.

Entre as actividades que se propoñen están concertos, cursos, exposicións, obradoiros, xantares ou debates, de xeito que se poida constituír un programa o máis variado posíbel. Cada colectivo participante deberá facer unha pequena achega económica para financiar a edición dos materiais. Xa forman parte da iniciativa unha ducia de asociacións compostelás.


4.53/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: