Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Manifesto 'Polo Dereito á Cidade'

"O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica"

Perto dunha vintena de colectivos sociais divulgan un modelo de alegación ao Plan Xeral da cidade para presentar antes do 18 de febreiro.

Redacción - 18:00 08/02/2010

O 17 de febreiro, un día antes de que se cumpra o prazo estabelecido para presentar alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da Coruña, o perto da vintena de colectivos asinantes do manifesto Polo Dereito á Cidade presentarán no Concello todas as copias recompiladas até entón.

Este luns, ao abeiro da Rede de Dereitos Sociais (RDS), presentaron en conferencia de prensa os modelos xenéricos de alegación e entregaron xa, de maneira simbólica, as primeiras no Rexistro da Concellaría de Urbanismo da Coruña.

"Anunciamos que aquí se abre para nós un proceso de exixencia que non culminará simplemente no acto de presentación de alegacións do próximo día 17, se non que pretende abrir un proceso real de diálogo cidadán onde as entidades da sociedade civil coruñesa poidan aportar o seu punto de vista sobre o futuro da cidade", sinalaron.

Alegacións

Entre outras cuestións critican que "non foi realista nin efectivo" a "falta de participación e consenso cidadán" na elaboración e desenvolvemento do PXOM, "ideado exclusivamente polo seu redactor -o Arquitecto Joan Busquets- baixo a tutela do Concello".

Aínda que recoñecen que "foi difundido e estivo ao alcance da cidadanía", consideran que "iso non o convirte en participativo". "O Concello non creou en todo este período de máis de dous anos, ningunha canle posíbel para o debate", afirman.

Estas carencias que expoño, están a ter un reflexo na cidadanía, evidenciandose con manifestacións como a alarma social xerada por certas iniciativas (non debatidas nen informadas) plantexadas polo Plan así como polo descoñecemento xeral por parte da cidadanía das pretensións do documento.

Por todo isto, "emprazan o Concello a crear espazos de traballo co equipo redactor do Plan e co grupo Municipal, onde os colectivos e a cidadanía poidan expor as súas posicións e chegar a acordos concretos sobre os seus contidos".


Ligazóns

4.36/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: