Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
28ª edición do evento

A lingua catalá, convidada de honor no Expolangues

Aproveitando o convite do Salón Internacional das Linguas e Culturas vaise presentar o manifesto "O catalán, lingua de 10 millóns de europeos".

Redacción - 10:00 31/01/2010

O foro Expolangues celebra entre os días 3 e 6 de febreiro en París a súa 28ª edición. O evento, que xunta a vocación de divulgación cultural e á vez turística, recibiu o ano pasado máis de 25 mil visitas. O catalán, que en edicións anteriores xa contará con espazo propio, recibiu desta volta convite oficial para ser idioma "convidado de honor". Deste xeito, ocupará o stand central da feira, un espazo de 100 metros cadrados.

A representación institucional para esta cita está coordinada polo Institut Ramon Llull, co obxectivo de presentar a lingua catalá por vez primeira nun foro internacional "como un único espazo lingüístico e cultural". Durante a presentación do programa de actividades para o foro parisiense a Fundación presentou para presentar o manifesto titulado "O catalán, lingua de 10 millóns de europeos". O director da institución, Josep Bargalló, destacou a idea de que o catalán é "unha lingua europea, non minoritaria e que falan máis persoas que moitas das oficiais da Unión Europea". De xeito concreto, valorou positivamente o carácter simbólico do convite de honor no foro francés como chanzo cara ao recoñecemento "deas linguas que hai en Francia e que non son o francés".

Galiza tamén terá representación unha vez máis no Expolangues, cun expositor promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Recordámoslles que na edición 2008, os responsábeis de Política Lingüística de Cataluña, Euskadi e Galiza asinaran un documento conxunto advertindo sobre a lacra do monolingüismo no Estado e onde acordaban traballar conxuntamente por un Estado multilingüe e pola igualdade de dereitos na UE.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: