Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECOLOXÍA E EMPRESA

Ir traballar en bicicleta: 50 euros máis ao mes

Unha empresa de Huesca retribúe economicamente aos traballadores que opten por deixar os coches na casa.

Redacción - 09:30 11/12/2009

Vencellar o compromiso co medio ambiente co salario. Esa é a decisión dunha empresa oscense, Gráficas Huesca, quen decidiu pagar 50 euros máis ao mes os traballadores que vaian ao choio en bicicleta.

A dirección desta compañía quere así sensibilizar aos seus empregados co medio ambiente e suma esta iniciativa a outras tantas encamiñadas a fomentar a sustentabilidade ambiental das súas actividades, como unha inversión feita para promover o aforro de auga na empresa ou outra destinada a minimizar a xeración de residuos.

Os traballadores acolleron moi positivamente o proxecto, se ben aínda non moitos se decidiron a deixar o coche na casa. Explican que non é doado nunha cidade tan saturada de vehículos e con tan mal tempo. Porén, consideran a cuestión económica un efectivo reclamo.


4.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: