Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
11 mil millóns máis a repartir

O Goberno español xa envíou á Xunta a súa proposta de financiamento

O BNG pídelle a Feijoo que "deixe de lamentarse" e que "convoque a sociedade galega en defensa dun financiamento xusto".

Redacción - 13:35 12/07/2009
Salgado e Feijoo, na súa xuntanza

Salgado e Feijoo, na súa xuntanza

O Goberno español enviou este domingo ás distintas Comunidades Autónomas do Estado o documento que recolle o borrador do novo modelo de financiamento económico, segundo informou en rolda de prensa a ministra de Economía e Facenda, Elena Salgado.

Ademais, convocou para este mércores o Consello de Política Fiscal e Financiera que deberá aprobar o modelo, e adiantou que este achegará recursos adicionais lixeiramente superiores aos 11 mil millóns de euros en 2012, cando se aplique na súa totalidade.

Salgado indicou que co novo modelo todas as CC.AA van estar un pouco máis perto da media e, no caso concreto de Cataluña, admitiu que se situará "lixeiramente por encima".

O envío do documento segue á rolda de contactos telefónicos que a ministra de Economía e Facenda, Elena Salgado; o ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, e mesmo o presidente do Executivo españo, José Luis Rodríguez Zapatero, están a manter cos presidentes autonómicos.

Neste senso, a Xunta informou de que o presidente Alberto Nuñez Feijóo recibira este sábado "arredor das 19.00 horas" a chamada de Salgado, coa que conversou durante 30 minutos sobre a revisión do modelo de financiamento autonómico. Ambos os dous mandatarios acordaron manter un novo contacto cando o presidente "poida analizar o contido deste documento".

Un mes de "inacción", critica o BNG

Ao respecto, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, pediulle este sábado a Feijoo que "deixe de lamentarse" e que "convoque a sociedade galega en defensa dun financiamento xusto" para o noso país.

Durante a súa intervención na XI Festa Nacional do Baixo Miño en vésperas da conmemoración do Día da Patria, Vázquez reprochoulle a Feijoo o seu "inacción" entre o 8 de xuño -data en que se alcanzou un acordo xenérico entre as forzas políticas con representación parlamentaria- e o 8 de xullo, data na que comeza a reunirse cos líderes da oposición.

"Que estivo facendo durante este mes? Practicamente nada. Que propostas concretas fixo? Ningunha", lamentou o líder 'nacionalista'. E criticou que "a estas alturas" continúe sen saberse "que cantidade de recursos adicionais que porá o Goberno central sobre a mesa vai demandar" Feijoo.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: