Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MALTRATO ANIMAL

Denuncian que as touradas supóñenlle a cada familia 42 euros en impostos

O deputado Bieito Lobeira preguntará no Parlamento sobre o financiamento destes eventos.

Redacción - 12:30 05/07/2009

O deputado nacionalista Bieito Lobeira vén de presentar varias preguntas no Rexistro do Parlamento para debater unha futura modificación legal que evite as touradas en Galiza. No escrito, Lobeira lembra que “o pobo galego non gosta das touradas, malia o histórico intento de introducilas na nosa sociedade, fundamentalmente por cuestións de carácter ideolóxico-político, vinculadas ás continuas tentativas de españolización”. Como exemplo sinala datos estatísticos que demostrarías que Galiza é a comunidade do Estado Español con menos afección a este tipo de eventos, que rexeita perto do 80% dos entrevistados.

Porén, os nacionalistas subliñan que as touradas cústanlle a cada familia galega máis de 42 euros ao ano que as diferentes administracións detraen dos seus impostos. O BNG interpela ao Goberno se ten constancia da existencia de convenios con concellos para a celebración das corridas e se prevé modificar a normativa para impedir que se celebren actividades no país que inclúan o maltrato animal.


4.83/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: