Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CHAMADAS, MENSAXES E INTERNET

A partir de xullo será máis barato usar o móbil no estranxeiro

O pleno do Parlamento Europeo aprobou un descenso progresivo das tarifas que gravan o uso do teléfono no estranxeiro.

Redacción - 14:15 22/04/2009
Cada vez será máis barato falar dende o estranxeiro

Cada vez será máis barato falar dende o estranxeiro

Dende o vindeiro 1 de xullo entrarán en vigor as novas tarifas máximas en chamadas, envío de mensaxes e acceso a Internet, aprobadas polo pleno do Parlamento Europeo. Esta medida foi apoiada por 646 eurodeputados e este ano dáse só o primeiro paso nunha redución dos prezos máximos que continuará até o 2011.

Así, dende o 1 de xullo deste ano as chamadas realizadas no estranxeiro custarán como máximo 0,43 euros, e as recibidas 0,19. Un ano despois, no 2010, o prezo máximo quedará fixado en 0,39 para as chamadas realizadas e 0,15 para as recibidas. No 1 de xullo do 2011 entrará en vigor a última tarifa máxima das estipuladas con esta nova medida, que fixará en 0,35 e 0,11 euros os prezos máximos. Ademais obrígase ás empresas a cobrar en base aos segundos falados, despois de superar o medio minuto.

Tamén se estabeleceu un prezo máximo para as mensaxes de texto, que non poderá exceder os 0,11 euros, e para o acceso a internet ou a descarga de datos.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: