Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Organizan un 'festexo taurino'

Denuncian que o Concello de Padrón volve "subvencionar o maltrato de animais"

A plataforma 'Galicia. Mellor sen touradas' láiase de que o evento sexa "pagado co diñeiro da cidadanía" mentres "se incumpre a lei de Protección Animal".

Redacción - 12:45 12/04/2009
Logo da Plataforma 'Galicia. Mellor sen touradas'

Logo da Plataforma 'Galicia. Mellor sen touradas'

A plataforma Galicia Mellor sen Touradas denunciou a celebración de "festexos taurinos" na vila de Padrón este domingo, un evento que, segundo este colectivo, está participado polo goberno local, que colabora aportando "diñeiro público" -uns 12 mil euros-, a "unha actividade que rexeita a meirande parte da cidadanía galega".

Dende este colectivo tamén sinalan que o Concello de Padrón leva 16 anos incumprindo a Lei galega de Protección Animal, "que obriga a todo municipio a dispor dos servizos básicos de recollida e aloxamento de animais abandonados", mentres, por outra banda, dispoñibiliza financiamento e "dedicación por parte dos responsábeis municipais" a uns actos nos que se "maltratan seres vivos". Nesta liña, as organizacións integrantes da Plataforma GMST instan o consistorio a que faga públicos os orzamentos dedicados ás touradas, "para que todos as e os habitantes de Padrón coñezan cantos cartos tiveron que gastar en torturar animais, e non en fomentar o emprego ou na mellora dos servizos básicos municipais", subliñan.

Para protestar contra as touradas que se organizaron para este domingo en Padrón, a organización Galiza Nova convocou unha concentración diante da praza móbil, ás 17h30, apelando a que "a idiosincrasia da "festa taurina" non está articulada en nome da realidade social, e cultural de Galiza".


4.73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: