Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE MESES DE POLÉMICA

Adeus ás subvencións a colexios que separan nenas e nenos

A Consellaría de Educación publica unha nova orde que imposibilita que os centros que opten pola discriminación nas aulas poidan recibir axudas.

Redacción - 20:05 21/01/2009

En xuño do ano pasado Vieiros sacaba á luz pública que a Xunta estaba a destinar cartos públicos para subvencionar centros privados que separaban o alumnado por cuestión de sexo. Seis meses despois, a Consellaría de Educación publica unha nova orde este mércores que imposibilita que, a partir do vindeiro curso, ningún centro destas características poida acollerse a concertos coa Administración

A nova directriz da Xunta aféctalle directamente a cinco centros do Opus Dei da Coruña e de Vigo que son partidarios desta segregación e que até este mesmo curso recibían fondos públicos para a escolarización de alumnos.

Educación atende as protestas de sindicatos e partidos

Logo de que se publicase a existencia de axudas, diferentes sindicatos e partidos pedíronlle publicamente unha rectificación política á consellaría. A polémica chegou a tal punto que o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recoñeceu que non debía subvencionarse unha opción educativa que discrimina por cuestión de sexo.

Un dos colectivos que se opuxo a estas axudas, o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), fixo público un comunicado este mesmo mércores no que se congratula pola decisión tomada pola consellaría.


4.92/5 (25 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: