Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aulas separadas para nenos e nenas

PSdeG e BNG apostan por rematar coas axudas a colexios que segreguen o alumnado

Pola contra, o PPdeG di que, aínda que é mellor a coeducación, non deben retirarse os concertos.

Redacción - 09:30 27/09/2008

As tres principais forzas políticas galegas falaron con Vieiros da polémica xerada logo de que trascendese que hai colexios que reciben axudas públicas a pesar de que prohiben as aulas mixtas. Aínda que os tres grupos coinciden en que o ideal é tender á “coeducación”, tamén hai matices.

A deputada popular Manuela López Besteiro subliña que o ideal é que nas aulas haxa diversidade e que estas deben reflectir a sociedade na que están inseridas: “É bo que as aulas sexan mixtas, mesmo por razóns pedagóxicas”. Porén, López Besteiro sinala que se unha entidade privada opta por outro tipo de modelo “hai que respectala”. Incluso opina que isto non debe ser motivo para que se lle retire o concerto.

O reponsábel parlamentario do PSdeG para os asuntos de Educación, Guillermo Meijón, sostén que a propia LOE estipula que non pode haber discriminacións por razón de sexo. Defende que a partir do vindeiro curso se estabeleza a obrigatoriedade da “coeducación” para que os colexios privados poidan recibir subvencións. Segundo afirma, “O PSdeG vai ser coherente coa postura que ten o PSOE en toda España”.

Manuel Parga, deputado do BNG, afirma que o seu grupo se opón radicalmente a calquera tipo de segregación. Parga cre que a consellaría debería ter xa pedido informes xurídicos para ter anulado os concertos: “A Xunta non pode estar financiando con fondos públicos a segregación”.


4.43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: