Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLO MENOS HAI CATRO NO PAÍS QUE RECIBEN SUBVENCIÓNS

Educación estudará retirarlle axudas a centros que separen nenas e nenos

A Xunta analizará unha setenza do Supremo que considera que as administracións poden exixirlle aos colexios concertado aulas mixtas.

Redacción - 17:30 13/06/2008

A Consellaría de Educación vai estudar a posibilidade de rescindir os convenios con centros privados que fomentan a segregación de nenas e nenos nas aulas. Dende este departamento da Xunta aseguráronlle a Vieiros que van analizar a sentenza do Tribunal Supremo que considera que as administracións teñen dereito a negarlle subvencións aos centros que non sexan públicos.

Tal e como informabamos, a Xunta mantén concertos con colexios que só permiten alumnos dun só sexo. En Vigo hai dous exemplos: Las Acacias (feminino) e Montecastelo (masculina). Na Coruña hai, polo menos, outros dous casos: Montespiño (feminino) e Peñarredonda (masculino). Os catro centros mencionados pertencen a Fomento de Centros de Enseñanza, unha federación vinculada ao Opus Dei.


4.13/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: