Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As pensións máis baixas

Os autónomos cobran no retiro até un 25% menos ca o resto de traballadores

Se Galiza acumula xa as pensións máis reducidas a nivel estatal, ao chegar a xubilación os petos dos autónomos aparecen significativamente máis baleiros.

Redacción / EP - 12:15 19/08/2008

A cantidade media que recibe un traballador acollido ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ao chegar á xubilación é como media de 452 euros, se se contabilizan as de xubilación, viuvez, orfandade, favor familiar e incapacidade. En Galiza hai 294.830 pensionistas do RETA.

Mirando os datos por provincias, a retribución é un chisco maior nas da Coruña e Pontevedra, respecticamente 462 e 456 euros. Con todo, tamén son as áreas de Galiza nas que maiores diferenzas se dan con respecto aos pensionistas por conta allea. Un autónomo coruñés recibe cada mes 175 euros menos ( -27,7%) e, un pontevedrés, 171 euros ( -27,1%). Lugo e Ourense son as provincias galegas nas que máis reducidas son as contías que perciben os pensionistas autónomos, con 442 e 444 euros de media, aínda que, por outra parte, as distancias entre empregados por conta propia e allea son menores, ao cobrar un 16,1% e un 17,6% menos. Con respecto ás pensións de xubilación, os autónomos coruñeses e pontevedreses sitúanse á cabeza na clasificación provincial por contía media, aínda que a retribución percibida é unha 30,4% ( -217 euros) e un 29,23% ( -207 euros) máis baixa.

Son datos que saen dun informe da federación estatal de traballadores autónomos (ATA). Segundo esas cifras, a pensión media por xubilación dun autónomo xubilado en Galicia é un 25,6% inferior que a dun traballador por conta allea xa retirado, que cobra 171 euros máis. O 80% dos empregados por conta propia cotizan pola base mínima, unha circunstancia que reduce a súa vida laboral e aumenta as diferenzas á hora de percibir unha retribución cando abandonan a súa actividade profesional. Un autónomo xubilado percibe unha pensión media que rolda os 496 euros, unha contía inferior aos 667 euros medios dun empregado por conta allea na mesma situación.

A Seguridade Social incrementou os prazos para facilitar que os autónomos adecúen a súa cotización aos ingresos reais, de forma que os traballadores por conta propia poderán realizar dous cambios voluntarios na súa base de cotización, unha en outubro e outra en abril.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: