Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Advertencia

O Banco de España di que as pensións non se van poder manter moito máis tempo

A entidade pediu una reforma do sistema, dado que as finanzas públicas do Estado cada vez están menos capacitadas para lle facer fronte a este gasto social.

Redacción - 09:15 18/06/2008
A saída do metro fronte ao Banco de España, en Madrid / Flickr: smorchon

A saída do metro fronte ao Banco de España, en Madrid / Flickr: smorchon

No seu Informe Anual 2007, o Banco de España indica que é preciso adoptar medidas urxentes para aumentar as contribucións ao sistema público de pensións e fomentar o "desenvolvemento de sistemas complementarios".

Segundo a entidade monetaria estatal, é preciso reformar canto antes o sistema de pensións porque as finanzas públicas do Estado Español teñen que se enfrontar, cada vez, a retos máis importantes, como consecuencia da presión que exerce sobre o gasto público o avellentamento da poboación.

Xunto á reforma do sistema de pensións, o organismo dirixido por Miguel Ángel Fernández Ordóñez instou ao goberno español a adoptar varias reformas estruturais para fortalecer o tecido produtivo, de tal xeito que se senten as bases para unha rápida recuperación dun dinamismo sustentábel.

Reforma do mercado laboral
Neste sentido, o Banco de España recomenda facer cambios nos mercados da negociación colectiva e nos sistemas de contratación laboral, que permitan facer un "axuste" dos salarios "da magnitude precisa" para impedir que, nun contexto de desaceleración económica, o axuste recaia principalmente sobre o emprego temporal, que segue a representar máis do 30 por cento do emprego total.

Neste sentido, falan de seguir avanzando en reformas do mercado de traballo, facilitando que os incrementos de salario se correspondan cos incrementos de produtividade (de xeito diferenciado entre sectores e empresas), e abordando algunhas das reformas pendentes no ámbito da contratación.

"O feito de que o cambio de ciclo da economía estatal se estea a producir nun momento de repunte salarial e de significativo deterioro da situación inflacionista fai máis apremiante, se cabe, afrontar este tipo de reformas", reitera o informe da entidade.

Revisar os incentivos fiscais da compra de vivenda
En materia de vivenda o Banco tamén se pronuncia, apostando pola creación dun sólido mercado de aluguer (revisando, para isto, a Lei de arrendamentos urbanos, promovendo a vivenda de protección oficial e revisando os incentivos fiscais á compra, que favorezan este réxime).

Liberalización da enerxía, as telecomunicacións, os transportes..
.
Finalmente, a entidade aposta por adoptar medidas políticas de liberalización e desregulación nos mercados do gas, electricidade r comercialización de hidrocarburos líquidos, así como no sector das telecomunicacións, o comercio minorista e o transporte. Estas políticas, engade, deben ir acompañadas de marcos reguladores "máis simples, transparentes e estábeis".


3,5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: