Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consumidores en alerta

Nas vacacións, reclama

Emprender unha viaxe, contratar un hotel ou cancelar unha reserva son algúns dos procedementos que poden vulnerar os nosos dereitos.

Redacción - 10:12 02/08/2008

Que nas vacacións medran as reclamacións é unha realidade. Os consumidores asumimos compras diferentes ás do resto do ano e, ás veces, as súas condicións non son todo o legais que deberan. A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (Adicae) alerta de que estar ben informado sobre os nosos dereitos pode supoñernos un aforro de ata o 50% nas nosas vacacións.

Letra pequena
O financiamento da viaxe, o uso da tarxeta no estranxeiro, as comisións ou a contratación de seguros. Neste período é fundamental manterse atento á letra pequena para non levar sorpresas. No caso de financiar as vacacións, as asociacións de consumidores recomendan estudar os intereses, preferibelmente non recorrer a un crédito rápido e prever un sobreendebedamento. Asemade, ao contratar unha viaxe en axencia, debemos esixir todos os servizos contratados, coas condicións estipuladas e non aceptar ningunha cancelación, se esta non se produce cun mínimo de dez días de antelación.

En canto aos seguros de viaxe, hai que ter en conta que cobren perdas de equipaxe, a nosa cancelación, os retrasos ou o overbooking, dependendo das súas coberturas. Ademais, é conveniente non esquecer que a publicidade ten un valor contractual, é dicir, o consumidor pode esixir á axencia que cumpra co que publicita, polo que é recomendábel conservar os folletos.

No referente ás tarxetas, Adicae recomenda o uso das de débito para retirar en efectivo e das de crédito para pagar en establecementos, xa que estas últimas cobran comisións por sacar cartos. Asemade, aconséllase non levar nunca connosco o número PIN, non perder a tarxeta de vista, non deixar resgardos do seu uso tirados ou esquecidos e vixiar os seus movementos na caixa ou banco.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: