Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na revogación do proceso a tres soldados

Uso "inexacto" e "parcial" das testemuñas para exculpar os asasinos de Couso

Catro xornalistas que estaban presentes no hotel iraquí onde morreu o cámara, critican o uso que a Audiencia Nacional fixo dos seus testemuños.

Redacción - 14:20 19/05/2008

"Cremos que é inaceptábel que o Tribunal utilizara de xeito parcial e descontextualizado as nosas declaracións para xustificar a exculpación dos tres militares estadounidenses", comeza o texto divulgado polos xornalistas Jon Sistiaga, Olga Rodríguez, Jesús Quiñonero e Carlos Hernández. "Da mesma maneira, non entendemos por que sen embargo se fixo caso omiso do groso das nosas declaracións", din, laiándose de que ademais se usase dos seus testemuños para tratar de xustificar a revogación do proceso aos tres militares dos EUA implicados no asasinato de Xosé Couso.

Os xornalistas subliñan entre outros datos que o Hotel Palestina era o centro internacional de prensa onde estaban todos os correspondentes extranxeirosque cubrían a invasión, "unha circunstancia que coñecían perfectamente os mandos do exército dos Estados Unidos". "No Hotel Palestina non había francotiradores, combatentes armados nin ningún outro tipo de ameaza para as tropas norteamericanas que ese día estaban procedendo á ocupación de Bagdad", explican. Recordan ademais que estiveron durante horas gravando os tanques de combate, incluído o que despois disparou sobre o hotel, desde os balcóns.

Como conclusión, destacan que é necesario que siga adiante a investigación xudicial para saber "cales foron os motivos que levaron a atacar o Hotel Palestina e a depurar no seu caso as responsabilidades penais derivadas".


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: