Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A lingua na Sanidade

"Fálalle en galego ao médico"

A Mesa reclama un "plan de galeguización" para o Sergas.

Redacción - 12:00 12/05/2008

"Malia que a xestión e funcionamento das diferentes instalacións sanitarias galegas foi transferida xa hai anos á Xunta, que creou o Sergas, un simple paseo por calquera centro de saúde ou complexo hospitalario de calquera das nosas vilas ou cidades fainos pensar que realmente a rede sanitaria pública depende de Madrid, Castela ou Andalucía", láianse desde a Mesa pola Normalización Lingüística.

O colectivo quéixase de que alén de que a sinalización e os formularios estándar, os escritos e avisos do día a día "exclúen de xeito esmagador a lingua propia de Galiza". "O galego tamén está maioritariamente excluído na atención ao público, tanto presencial como telefónica", advirten.

Estas vulneracións foron denunciadas no Consello de Europa, argumentando que o SERGAS "conculca ostensibelmente o estipulado pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias". Polo mesmo motivo, A Mesa pediulle a esta institución que inste ao Sergas "a dotarse dun plan de galeguización, no cal debe ter especial importancia un proxecto de formación lingüística para o seu persoal".


Ligazóns

5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: