Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queren impedir que volva expoñer

Medra o boicot na rede a un artista que deixou morrer un can de fame

O costarricense Guillermo Vargas Habacuc colleu un can da rúa e atouno nunha súa mostra, sen lle dar alimento ou auga até que finou.

Redacción - 09:53 08/03/2008
Imaxes da agonía do can

Imaxes da agonía do can

Circulan pola rede dende hai días as imaxes do can, que foi atopado na rúa por Guillermo Vargas Habacuc, un autodenominado artista de Costa Rica, que o prendeu nunha súa exposición, privándoo de auga e de comida, para que os visitantes o visen morrer de fame.

Ademais, Vargas Habacuc pintou, empregando comida de can e na parede de en fronte do animal, a frase "es o que les". Durante días o can moi morrendo lentamente de fame e de sede ante a atenta mirada do autor e dos visitantes da galería, que presenciaron impasíbeis a agonía do animal.

Máis de 60 mil sinaturas recollidas
Todo isto aconteceu o ano pasado, na Bienal Centroamericana, mais agora Vargas Habacuc quere repetir a súa montaxe, convidado polos organizadores da mesma mostra.

O costarricense segue mantendo que se trata só de "unha expresión artística", mais non opinan o mesmo as máis de 60 mil persoas que asinaron o manifesto on line promovido por unha campaña internacional que pretende que non se repita a cruel "obra" de Guillermo Vargas Habacuc.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: