Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Proxecto 'Chinesecom'

Educación impulsa un curso multimedia de chinés

Achegará a estudantes e traballadores á multitudinaria lingua de cara a mellorar a competitividade das empresas.

Redacción - 13:30 21/01/2008

Chinesecom é o novo proxecto da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais que permitirá aos interesados, xa sexan estudantes ou traballadores, achegarse ao chinés a través dun curso multimedia e interactivo, que ten como finalidade acadar unha mellor comprensión das empresas dese país e mellorar a nosa competitividade empresarial.

Antes de poñer en marcha o proxecto, tratarase de investigar sobre os cursos e materiais dispoñíbeis para a aprendizaxe do chinés, e realizar un estudo das necesidades máis importantes con respecto a este idioma das empresas que manteñen relacións con China. O proxecto terá unha duración de 24 meses, que permitirá aos beneficiarios coñecer un pouco máis sobre este idioma, falado por aproximadamente o 20 por cento da poboación mundial.

Poderase acceder a través dun portal

As ferramentas estarán dispoñíbeis a través dun portal dixital, que se converterá nunha importante ferramenta multimedia para as empresas que xa manteñen relacións comerciais con empresas chinesas ou teñen a intención de iniciar relacións con elas nun futuro. Tamén está orientado ao estudantado de Formación Profesional ou a aqueles universitarios que queiran realizar un primeiro achegamento a esta lingua.

A iniciativa xa foi aprobada pola Unión Europea, dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013, e que supón un investimento de case máis de 440.000 euros pola súa parte. Tamén colabora a Administración educativa con 147.000 euros máis. O proxecto, conta coa participación de socios procedentes de distintos países, de diversas empresas galegas e do Grupo Compostela de Universidades.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: