Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Documental sobre Reganosa

Ferrol, polo mar e a vida

O vídeo centrado na denuncia da planta de gas, premiado por Ecoloxistas en Acción, será distribuído internacionalmente en DVD.

Redacción - 11:30 23/12/2007
Carmelo Teixeiro

Carmelo Teixeiro

A Asociación Fuco Buxán presentou en sociedade este vídeo, no que queda recollida a causa das protestas cidadás que dende Ferrol e toda Galiza se están levando a cabo para poñer solución aos problemas que a planta de gas de Reganosa están causando no entorno da ría.

O documental foi premiado por Ecoloxistas en Acción, e xorde dun proxecto promovido pola ONG Acsur-Las Segovias, que tiña como obxectivo impartir nocións sobre o uso e manexo do vídeo dixital. Mais o contido superou as expectativas iniciais do proxecto, converténdose o curso nunha plataforma para dar a coñecer a situación a nivel internacional, debido a que está previsto que o proxecto sexa difundido en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo Acsur.

Durante a presentación do documental, fíxose unha mención especial ao Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e membro da Asociación Fuco Buxán, Carmelo Teixeiro, en agradecemento ao seu compromiso social e político, na defensa dos valores humanos.

Aquí podemos ver os primeiros minutos do documental:

[youtube]xFTzfTwFCr0|320|260|[/youtube]


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: