O sindicato considera que é preciso crear un novo órgano na consellaría que vele pola normalización.
A CIG-Ensino pídelle á Consellaría de Educación a creación dunha Subdirección Xeral que coordine e impulse a normalización lingüística no sistema educativo. Dende a organización nacionalista lembran que o último Mapa Sociolingüístico alerta da perda de falantes e apunta que para recuperar o noso idioma é preciso un maior uso no ensino.
Subliñan que a estrutura central da Consellaría de Educación carece dun órgano que leve as políticas de normalización. A nova estrutura serviría tamén para velar polo cumprimento do últim decreto de galeguización do ensino.