Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PASOS NA NORMALIZACIÓN

O Concello de Ourense insta aos seus funcionarios a que tramiten en galego toda a documentación

O novo goberno local ten detectado incumprimentos da lexislación sobre a lingua.

Redacción - 12:35 26/08/2007

A Concellaría de Normalización Lingüistica de Ourense está a dar os primeiros pasos para unha galeguización efectiva da administración local. O departamento, que dirixe Isabel Pérz (BNG), quere que a partir do vindeiro mes de setembro os departamentos municipais empreguen prioritariamente a lingua do país.

Dende esta concellaría detectan que hai un incumprimento da lexislación e por iso coidan que é preciso un “esforzo” dos funcionarios. Aínda que as primeiras medidas van orientadas á redacción de documentos, o departamento de Normalización Lingüística quere que o galego sexa tamén axiña a lingua habitual na relación oral entre o funcionariado e os cidadáns.


4,46/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: