Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Convocada unha cazolada no peirao ferrolán

E van seis "ameazas": o Akwa Ibom mete na ría 130 mil toneladas de gas

Non sairán as lanchas pero si acudirán veciños e mariñeiros a unha concentración protesta contra a entrada na tarde desde xoves do sexto gaseiro con destino a Reganosa.

Redacción - 09:30 16/08/2007

O Akwa Ibom é un buque metaneiro construído en 2004 en estaleiros coreanos, malia que navega baixo a bandeira das Bermudas. O xigante ten unha eslora de 285 metros e capacidade para transportar case 135 mil metros cúbicos de Gas Natural Licuado.

A entrada na ría do buque está fixada para a preamar diurna, ás 19h23. Unha vez máis, insisten desde o Comité Cidadán de Emerxencia en que se vai repetir "a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga". Como recorda a plataforma, este tipo de buque non ten garantida a saída ao mar con rapidez e sen axuda tal e como estabelece a norma EN-1532, que debera ser de obrigado cumprimento para Reganosa.

Ao tempo, lembrámoslles que hai xa tres semanas que un grupo de veciños da parroquia de Mehá seguen pechados no Concello de Mugardos en protesta pola aprobación do Plan de Emerxencia Exterior que permitiu a actividade da empresa malia existiren vivendas particulares a pé das súas instalacións.


4.86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: