Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Malia o consenso en Galiza do Parlamento

O goberno asturiano rexeita a promoción do galego

O xefe da Oficina de Política Lingüística de Asturias, Ramón d'Andrés, di que toda iniciativa allea ao seu goberno está "fóra de lugar".

Redacción - 11:28 14/06/2007

O proxecto consensuado na Cámara galega aposta precisamente por deseñar propostas que se desenvolvan a través de acordos e convenios cos gobernos de Asturias, Castela e León e Estremadura. Nesa liña e atendendo ao acontecido en ocasións anteriores, a maior receptividade aínda que non exenta de moitos obstáculos, estaría no executivo castelán-leonés. Desde Estremadura xa responderan hai un ano e a un convite parecido cun agresivo e pouco diplomático comunicado. Naquel texto, o goberno Ibarra afirmaba que "a Junta de Estremadura rexeita as fantasiosas premisas sobre as que se asenta o delirio imperialista dos nacionalistas galegos".

O xornal asturiano La Nueva España faise eco este xoves da resposta desde Asturias ao consenso dos parlamentarios galegos. Así, o xefe da Oficina de Política Llingüística de Asturias, Ramón d'Andrés, subliña que as competencias nesta materia "correspóndelle ao Principado" e critica a proposta de iniciativas "alleas á administración rexional". "Na zona do Eo-Navia fálase galego-asturiano ou fala", afirma D'Andrés. Ao respecto dunha posíbel proposta formal desde a Xunta de Galicia no sentido en que acordou o Parlamento galego, D'Andrés non se pronuncia de momento e asegura que ese tipo de convite "nunca se produciu" e que agora mesmo "non consta ningunha comunicación oficial das institucións galegas en relación con ningunha medida de política lingüística institucional".


2.6/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: