Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGUNDO UN ESTUDIO DE PRIVACY INTERNATIONAL

Alertan da invasión da intimidade por Google e Yahoo

Entre os xigantes da rede, Google é a que menos coida o uso dos datos persoais. Os seus novos mapas publican fotos de mulleres tomando o sol.

Redacción - 14:29 11/06/2007
Unhas das imaxes que se poden ver en Street View / Foto: Google

Unhas das imaxes que se poden ver en Street View / Foto: Google

A protección de datos dos usuarios de Google é “vaga” e “incompleta”, a peor entre todas as grandes compañías de internet. Esta é unha das conclusións do estudio sobre privacidade que acaba de publicar Privacy International, unha veterana organización de defensa da intimidade dos cidadáns.

Fotos de mulleres tomando o sol

Como exemplo de malas prácticas o informe sinala os novo rueiro virtual de Google Street Level View. Esta aplicación permite ver no computador as rúas das cidades, pero tamén ás persoas que estaban cando as fotos que forman o mapa foron tomadas, por exemplo, mulleres tomando o sol no parque.

Pero non é só Google a única compañía que sae mal parada. As prácticas de AOL, Apple, Facebook, Hi5, Reunion, Windows Live Space e Yahoo tamén supoñen unha “ameaza substancial e en numerosos campos á privacidade”.

A Wikipedia, LiveJournal, Last.fm, eBay e a BBC son as únicas entre as 24 firmas analizadas que logran un aprobado.

Ante a publicación do informe, Google acusou á Privacy International de equivocarse xa que a protección da intimidade é unha das súas principais preocupacións. Privace International, fundada hai 17 anos e con membros en 40 países, asegura que investiu seis meses de traballo no informe.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: