Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA IMPUTACIÓN A UN EX ALTO CARGO DA XUNTA

Os ecoloxistas piden que se investiguen a fondo todas as licenzas enerxéticas

Adega subliña que a mala xestión política propiciou que se “especulase” cos recursos públicos.

Redacción - 12:54 22/03/2007

A noticia de que o ex director xeral de Industria, Ramón Ordás Badía, e o seu cuñado e empresario, Luís Castro Valdivia, van ser imputados por un presunto delito de tráfico de influencias foi recibida con alegría por colectivos ecoloxistas como Adega. “Estamos satisfeitos porque por primeira vez a xustiza investiga a fondo as concesións da explotación da auga e isto debe abrir unha reflexión”, sinala Xan Louzao. Porén, opina que tamén se debera aclarar moitas outras concesións “pouco claras”.

Louzao sostén que máis aló das conclusións finais dos xuíces o caso das concesións das minicentrais debe servir para que non se volva a repetir un modelo que considera que só serviu para “especular” cos ríos galegos. “Hai que dicir que non é recibo que unha persoa teña ao seu nome 27 empresas eléctricas onde na maior parte delas hai un capital mínimo. Isto son chiringuitos que logo valen para revender os dereitos de explotación a prezos elevados”, explican dende Adega.

Dende o colectivo ecoloxista consideran máis que sospeitoso que un ex director xeral de Industria deixe o seu cargo político e se poña a traballar de alto executivo nunha empresa eléctrica. No caso de Ordás Badía, a multinacional Endesa fichouno para dirixir os negocios enerxéticos en Portugal. O ex director xeral non podería desenvolver o mesmo cargo no estado por unha razón de incompatibilidade co seu anterior posto público.


Ligazóns

4,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: